04/12/2009

O Ribera Navarra recala na Mariña como pechacancelas de grupo

O Ribera Navarra recala na Mariña como pechacancelas de grupo

O CD Burela FS regresa a Vista Alegre con boa liña de actuación nunha xornada, a décimo terceira, que enfrontará os pupilos de Suso Rey ao OPDE Ribera Narvarra, equipo que recala na Mariña como pechacancelas do Grupo Norte. A bomboneira acollerá o encontro mañá, a partir das 18.30 horas.


Poucas alegrías están levando os navarros na súa estrea en Prata e pouco frutíferos lle están sendo os seus resultados para saír do pozo do descenso. En doce partidos tan só conseguiron  6 puntos, grazas á única vitoria, ante o Extremadura Delta Badajoz, e os empates con Gijón-El Llano, Andorra e Lanzarote Tías Yaiza. Fronte ao Ribera, que non puntúa dende a oitava xornada, pelexará o cadro laranxa, no seu regreso ao podio esta semana, despois de impoñerse ao Ram León por 0-3.


Suso Rey non poderá dirixir o seu equipo dende a banda; o adestrador mariñán foi sancionado con dous encontros de suspensión por protestar unha decisión arbitral na xornada pasada, ante o OE Ram León. No vestiario laranxa, o xuvenil Manuel entrará na convocatoria unha semana máis, ante a escordadura de xeonllo de Christian; ademais, Minu será dúbida ata última hora debido a unha sobrecarga isquiotibial, que o mantivo afastado dos adestramentos durante toda a semana ata hoxe.


Público. O Cidade de Narón FSF estará representado entre a afección de Vista Alegre esta fin de semana a través do seu equipo infantil. Xogadores e corpo técnico asistirán ao encontro Burela FS-OPDE Ribera Navarra convidados polo club laranxa, despois de medirse ao Infantil A das escolas burelistas, en competición autonómica.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.