23/10/2009

Vista Alegre acollerá o duelo Burela FSF-UCAM Murcia este domingo, ás 12.00 horas

Vista Alegre acollerá o duelo Burela FSF-UCAM Murcia este domingo, ás 12.00 horas

O Burela FSF Pescados Rubén cambia o seu horario habitual dos sábados pola tarde en Vista Alegre pola mañá dominical na sexta xornada da División de Honra. O equipo de Javier Pardeiro recibirá o UCAM Murcia na bomboneira este domingo, ás 12.00 horas.


A xulgar polos resultados de ambos os dous conxuntos en 2009-10, a cita pode esconder un partido igualado. Dous puntos separan a quinta posición do Burela FSF (9) da oitava do Murcia (7), que xa gozou da xornada de descanso. Non obstante, o cadro laranxa deberá estar máis atento ca nunca para poder neutralizar a este experimentado rival. Con máis dunha década de veteranía na elite, o UCAM acostuma a ser un dos equipos da parte alta da táboa; aínda que en 2008-09 só puido acadar a oitava praza, no palmarés deste histórico da Honra Feminina abundan os recoñecementos ao seu xogo, con dous títulos de liga (2001-02 e 2002-03), catro Copas de España (2002, 2003, 2004 e 2005) e dúas Supercopas (2003 e 2006).


Lucía, cunha lesión de cuadríceps, e Rosana, con contractura fibrilar, serán as dúbidas laranxas para o encontro ante as murcianas, que contarán coa baixa de Marta, por sanción.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.