02/10/2009

Oito monitores/as compoñerán o profesorado da EDM Burela FS

Oito monitores/as compoñerán o profesorado da EDM Burela FS

Oito monitores e monitoras encargaranse de adestrar os máis de 130 alumnos/as que ten matriculados a Escola Deportiva Municipal no presente curso 2009-10. Xunto ao seu director, Alfonso Mera, e ao coordinador de actividades deportivas do club, Suso Rey, onte pola tarde asistiron á presentación oficial do profesorado, en Vista Alegre, todos os/as integrantes, acompañados/as dos directivos José Luis Sáez e Marcelino Luna.


Cos xogadores e xogadoras dos primeiros equipos laranxas Purao, Revilla, Juanma, Cuchi e Dolo tamén participarán nas tarefas adoutrinadoras dos máis pequenos o segundo adestrador do Burela FSF, Marcelo Santoto ‘Neco’, e os monitores Carlos Méndez e Carlos Moreno.


Este profesorado asumirá as ensinanzas de 10 grupos entre prebenxamín e infantil. O Prebenxamín A aprenderá durante este curso con Purao e Cuchi; a xogadora burelista tamén compartirá responsabilidades con Revilla no Prebenxamín B e Carlos Moreno farase cargo do Prebenxamín C, ademais de adestrar os benxamíns A e C. As sesións do Benxamín B organizaranas Juanma e Dolo; Neco dirixirá o Alevín B e Carlos Méndez aleccionará os dous grupos infantís e o Alevín A.


Matrícula. Durante o mes de outubro, a EDM Burela FS aínda admitirá inscricións nalgunhas categorías, ata completar o número máximo de 15 alumnos/as por grupo. En prebenxamín hai 10 prazas libres, en benxamín 3 e en infantil 2.


Todas as persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) ou a través do número 982 58 18 15.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.