10/09/2009

Os burelaos ven escapar a Copa no último cuarto ante os naroneses (4-3)

Os burelaos ven escapar a Copa no último cuarto ante os naroneses (4-3)

Os burelaos non estarán na fase final da XIX Copa Galicia, despois de ver escapar onte o encontro de cuartos, na pista do Cidade de Narón, coa remontada dos ferroláns na segunda parte (4-3).


Aínda que foi un tanto do naronés Óscar o primeiro en subir ao marcador (minuto 6), axiña un lanzamento de Purao conseguiu o empate, que o Mariskal transformou nunha merecida vantaxe de 1-2, coa que se chegou ao descanso. No segundo período, cunha superioridade laranxa manifesta, Juampe ampliou as distancias (1-3), superados os cinco minutos de xogo. Non obstante, co paso do tempo, cambiaron as tornas; o equipo de Primeira Nacional A non se bloqueou na súa loita ante os de Prata e chegoulle o 2-3, no minuto 31, recompensa que se intensificou con outros dous lanzamentos triunfais (minutos 33 e 35). Ante o 4-3, o Burela FS optou pola saída de Purao como porteiro-xogador pero xa non puido alterar o resultado.


Ficha técnica


Cidade de Narón: Marcos, Cagi, Víctor, Óscar e David, no quinteto inicial; tamén xogaron Fran Pita, Juve, Róber, Ivancito e Pitu.


CD Burela FS: Edu, Minu, Purao, Juampe e Juanma, no quinteto inicial; tamén xogaron Dani Martín, Christian, Javi Rodríguez, André, Turero e Manuel.


Goles: 1-0, Óscar (minuto 6); 1-1, Purao (minuto 8); 1-2, Juanma (minuto 18); 1-3, Juampe (minuto 25); 2-3, Víctor (minuto 31); 3-3, David (minuto 33); 4-3, Ivancito (minuto 35).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.