02/09/2009

O Burela FSF accede á final da Copa tras golear ao Funeraria Apóstol (2-11)

O Burela FSF accede á final da Copa tras golear ao Funeraria Apóstol (2-11)

O Burela FS Feminino segue vivo na XIX Copa Galicia, despois de golear onte ao Funeraria Apóstol (2-11), de Autonómica, no segundo encontro de cuartos. Con este resultado e a vitoria ante Viajes Amarelle (5-0) do sábado pasado, as pupilas de Javier Pardeiro conseguiron facerse cunha praza na fase final da competición autonómica, que se desenvolverá en Ourense entre o 12 e o 13 de setembro.


O pavillón compostelán de Restollal acolleu un encontro de dominio absoluto por parte das burelás. Á chegada do descanso, o electrónico xa reflectía a clara superioridade laranxa, con 1-8. No segundo período e sen incrementar a súa intensidade, Carla saíu para defender a portería do Burela FSF, que aínda tivo oportunidade de perforar a defensa santiaguesa noutras tres ocasións.


Ficha técnica


Funeraria Apóstol: Torras, Natalia, Nerea, Miriam e Teresa, no quinteto inicial; ademais xogaron Sonia, Cecilia, Irene e Antía.


Burela FSF: Irene, Lidia, Lucía, Ro e Claudia, no quinteto inicial; ademais xogaron Cuchi, Souza, Dolo, Marta e Carla.


Goles: 0-1, Ro (minuto 2); 0-2, Lucía (minuto 3); 0-3, Lidia (minuto 4); 0-4, Lucía (minuto 11); 0-5, Ro (minuto 16); 0-6, Souza (minuto 17); 0-7, Dolo (minuto 17); 0-8, Souza (minuto 18); 1-8, Natalia (minuto 19); 1-9, Dolo (minuto 32); 1-10, Marta (minuto 35); 1-11, Lidia (minuto 36); 2-11, Irene (minuto 38, penalti).


Ponte Ourense-Burela FSF, en semifinais


Ao equipo de Javier Pardeiro tocaralle disputar as semifinais da XIX Copa Galicia, ante un conxunto anfitrión, o Ponte Ourense; será o sábado 12 de setembro na cidade das Burgas, a partir das 17.30 horas. Nesta cita, o conxunto laranxa poderá obter o seu primeiro test de cara á liga, cun rival da División de Honra. 


Na outra semifinal, o Valdetires de Ferrol verase co campión de grupo Combarro-Leis Pontevedra-Cidade Ourense. A gran final será o domingo 13.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.