Noticias
5 de decembro de 2019
Iago Míguez será intervido o vindeiro martes
Iago Míguez será intervido o vindeiro martes, 10 de decembro, da súa lesión do xeonllo dereito, con rotura de ligamentos cruzado anterior e colateral medial, ademais de ambos os meniscos. O burelista ingresará no hospital de Fremap de Majadahonda o luns para pasar polo quirófano ao día seguinte.

O xogador viuse obrigado a retirarse do parqué de Vista Alegre no partido ante Levante UD FS o 27 de setembro, por un gran choque nunha saída do meta visitante.

Moito ánimo, Iago!!! A Familia Laranxa e Burela enteira están contigo!!!
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores