19/10/2020

Os abonad@s 2020-21 xa poden recoller o seu carné

Tod@s os abonad@s que formalizaron a reserva de 2020-21 xa poden recoller o seu carné de acceso a Vista Alegre
Os abonad@s 2020-21 xa poden recoller o seu carné

Agradecemos enormemente o apoio a todos os afeccionados que, a pesar deste regreso tan atípico e coa situación actual vivida pola pandemia, seguen demostrando o seu apoio incondicional cara ao noso club, o Pescados Rubén Burela FS. Grazas a vós, a Familia Laranxa segue crecendo. Para todos aqueles que esta tempada seguen connosco, xa están dispoñibles os carnés de abonados para a súa recollida.

Lembramos os horarios de atención presencial nas oficinas do club e teléfono de contacto:

  • De luns a xoves de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00
  • Venres de 10.00 a 14.00
  • Nº de teléfono: 982 58 18 15

Se tedes algunha dúbida, podedes contactar co club a través deste formulario.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.