18/10/2020

Valdepeñas 4-1 Pescados Rubén

A fortaleza do equipo galego segue intacta tras o peche da xornada 4 de Primeira Masculina
Valdepeñas 4-1 Pescados Rubén

A fortaleza do equipo galego segue intacta tras o peche da xornada 4 de Primeira Masculina, pero hoxe demostrouse que contra os equipos dun potencial como Viña Albali Valdepeñas hai que coidar ata o máis mínimo detalle (4-1). Viviron os pupilos de Juanma Marrube unha cita moi igualada, na que o Pescados Rubén xerou perigo, sendo demasiado penalizado na primeira parte, con dúas recuperacións que aproveitou á perfección o conxunto castelano-manchego. Os burelistas repuxéronse no descanso e foron a máis para reducir distancias desde saque de banda e crearon perigo na aposta de cinco, aínda que a rigorosidade da sexta falta determinou o resultado final, con dous dobres penaltis.

Dispuxo o Pescados Rubén de situacións claras para romper o electrónico ao seu favor. Edu Sousa evitou a iniciativa dos burelistas nun contraataque liderado por Quintela, con cinco minutos de xogo. Lucho e Álex Diz tamén puxeron a proba a rede local. Na quenda de Kaluza, a portería tamén se mantivo infranqueable, no 8, con Dani Santos de cabeza e pouco despois con Rafael Rato. Perdoou o equipo galego o primeiro nun tacón de Matamoros; tampouco puido gañar a pugna Iago Míguez pouco despois. Kaluza freou aos casteláns con dobre parada ante Chino e Juanan no 12, pero, con todo, non puido manter a salvo os intereses burelistas fronte a Catela, que adiantou ao Valdepeñas con seis minutos para o descanso, tras unha recuperación en pista laranxa sobre Álex Diz. Tívoa Pitero acto seguido pero non conseguiu boa conexión cara a portería; tamén o tentou Giasson, con disparo que se foi alto. Con todo, de novo apareceu a oportunidade en contraataque dos de David Ramos, con Juanan (minuto 18), que conduciu o esférico en galopada para atopar o oco fronte a M. Kaluza e intensificou a incomodidade dos laranxas sobre a pista. Quintela avisou no regreso e tivo despois o primeiro galego, que desartellou Sousa coa cara.

Tras a tentativa de Catela fronte a Matamoso, Iago Míguez volveu dispoñer doutra de ouro. Tras o que podería ser unha nova vantaxe local, de Catela con Álex García ao segundo pau, por fin estreou luminoso o Pescados Rubén, no 27, nas zapatillas de Iago Míguez, a pase de Renato, desde saque de banda. Pitero mantivo o resultado axustado pouco despois sacando baixo paus en lanzamento de Álex García. Subiu a quinta falta a escuadra burelista con cinco e medio para o final e con tres Álex Diz vestiu a camisola de porteiro xogador. Chino ampliou a vantaxe castelá en dous dobres penaltis a falta de 1’40” e 23”.

Mércores 21, Zaragoza en Vista Alegre

O balón volverá rodar xa o mércores coa xornada 5 en Vista Alegre. Os pupilos de Juanma Marrube saltarán á pista ás 20.30 horas para medirse a Fútbol Emotion Zaragoza.

Ficha técnica

Viña Albali Valdepeñas FS: Edu, José Ruiz, Cainan, Chino, Matheus, cinco inicial; tamén xogaron Dani Santos, Xavi Cols, Rafael Rato, Sergio González, Catela, Juanan, Nano, Álex García

Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Iago Míguez, Pitero, Renato, Giasson, cinco inicial; tamén xogaron Álex Diz, David Pazos, Lucho, Matamoros, Quintela, Javi Rodríguez, Eto’o

Goles: 1-0, minuto 14, Catela; 2-0, minuto 18, Juanan; 2-1, minuto 27, Iago Míguez; 3-1, minuto 39, Chino (d. p.), 4-1, minuto 40, Chino (d. p.)

Árbitros: Mayo López // Panadero Díaz-Concha. Por Valdepeñas amarela para Cainan (minuto 11), Chino (minuto 13). Por Burela amarela a Matamoros (minuto 10), Eto’o (minuto 11), Javi Rodríguez (minuto 29, minuto 40), Álex Diz (minuto 34), Iago Míguez (minuto 40)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 de Primeira División Masculina disputado no Virgen de la Cabeza.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.