14/10/2020

Continúa crecendo o alcance das nosas emisións

A pesar da oposición da liga e a LNFS, a audiencia apoia a nosa aposta por achegar o fútbol sala aos afeccionados
Continúa crecendo o alcance das nosas emisións

Terminamos unha nova xornada, e de novo facémolo cunha sensación agridoce desde o equipo de comunicación do Pescados Rubén Burela.

Agre porque unha vez máis queda demostrado que non todas as persoas e organismos relacionados co fútbol sala en España pelexan polo seu crecemento, e doce porque a pesar de todo cada día sodes máis os que nos apoiades.

O pasado día 10 volviamos poñer en marcha o noso “Gallinero Laranxa” para emitir a volta da semifinal de Copa Galicia Feminina entre o noso equipo e o Viaxes Amarelle. O encontro, que saldouse cun 2-1 ao noso favor, foi tamén un éxito na nosa canle de Twitch.

A pesar de ser a volta dunha semifinal cun saldo a favor de 9 goles, máis de 540 espectadores quixeron unirse ás nosas “guerreiras” e seguir un disputado partido contra un equipo moi reforzado e combativo, nunha emisión que se desenvolveu sen problemas de ningún tipo.

Non foi así coa terceira xornada de liga masculina que nos enfrontaba ao Inter Movistar e que saldouse cun resultado de 0-3.

Empezamos a nosa emisión de forma simultánea en Youtube e Twitch, tratando de adiantarnos a unha posible reclamación ilegal da liga e a LNFS, e as nosas sospeitas confirmáronse en torno ao minuto 5 de partido.

Nese momento a nosa emisión en Youtube cortouse pola mencionada reclamación, cando máis de 500 espectadores estaban a seguir o partido e mentres o ritmo de novos usuarios seguía crecendo a un ritmo espectacular.

Afortunadamente puidemos continuar a emisión por Twitch onde conseguimos alcanzar máis de 750 espectadores simultáneos en directo e máis de 2.500 espectadores únicos ao longo da emisión, con máis de 5.100 conexións en directo.

Uns números espectaculares, pero que poderían ser moito maiores de non ser pola inexplicable actitude da liga e a LNFS, que non quere que en plena pandemia de Covid 19, e cos pavillóns medio baleiros, os fans do Futsal poidan ver os partidos nas súas casas.

Como é lóxico desde o Pescados Rubén Burela F.S. imos defender o noso dereito para emitir ante as autoridades pertinentes.

A afección volveu a demostrar, tamén en redes sociais, onde o apoio ao noso club foi espectacular, que non estamos equivocados na nosa decisión de achegar o Futsal a todo o que queira velo.

Por iso gustaríanos terminar dando as grazas a todos os afeccionados, clubs e institucións que nos demostrastes unha vez máis o voso apoio. Convosco si hai e haberá Futsal.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.