30/09/2020

Táboas en Poio (2-2)

As Guerreiras pecharon o segundo amigable da pretempada en táboas
Táboas en Poio (2-2)

As Guerreiras pecharon o segundo amigable da pretempada en táboas, esta tarde na pista do Poio Pescamar FSF (2-2). Era o test inaugural para o Pescados Rubén cun rival de Primeira División, despois da estrea do sábado do Memorial José Huerta-Pablo Cortina de Villaviciosa, e deron o talle cunha rotación moi equilibrada e indo de menos a máis.

Adiantou ao Pescados Rubén Dany no minuto 8. Elena Aragón y Peque tiveron unha de ouro en dobre penalti, no 14, con posterior rexeite. Non aproveitaron as mariñás esta oportunidade e afinou puntería o conxunto local para devolver a igualada, cunha ex da escuadra laranxa, a coruñesa Luci, tras unha falta. Antes do descanso, para mágoa dos intereses burelistas o Poio púxose por diante con Ana Rivera, nun balón pola banda.

Deron un paso adiante en intensidade e agresividade as de Julio Delgado no regreso, con moitas chegadas ante un Poio que xerou pouco. Aínda así a rede pontevedresa resistiu ata o minuto 37, cando Cristina puido recuperar as táboas, tras un roubo e parede con Jenny.

Ficha técnica

Poio Pescamar FSF: Caridad, Daniella, Carolina, Iraia, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Antía, Miriam, Ana Rivera, Julia, Irene

Pescados Rubén Burela FS: Sandra Buzón, Peque, Jenny, Bea Mateos, Elena Aragón, cinco inicial; tamén xogaron Dany, Ale de Paz, Cilene, Cristina, Cami, Lara Balseiro, M. Cortés, Jozi

Goles: 0-1, minuto 8, Dany; 1-1, minuto 15, Luci; 2-1, minuto 19, Ana Rivera; 2-2, minuto 37, Cristina

Árbitros: Otero Baltasar // Pérez Núñez. Por Poio amarela a Caridad. Por Burela amarela a Julio Delgado.

Incidencias: Partido de pretempada disputado no pavillón da Seca (Poio).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.