25/09/2020

Elena Aragón e Jorge Matamoros presentan a tempada 20/21 en Foz acompañados do alcalde Fran Cajoto

Foz, a poucos quilómetros de Burela, é un pobo irmán que goza coas vitorias do noso equipo
Elena Aragón e Jorge Matamoros presentan a tempada 20/21 en Foz acompañados do alcalde Fran Cajoto

Pescados Rubén Burela FS con Elena Aragón e Jorge Matamoros á cabeza, visitamos o fermoso pobo da mariña lucense. Foz, a poucos quilómetros de Burela, é un pobo irmán que goza coas vitorias do noso equipo. Acompañados do seu alcalde, Fran Cajoto, visitamos algunhas das marabillas que Foz ten para ofrecer a todos os visitantes. Tamén falamos das súas tradicións e houbo tempo para charlar sobre a nova tempada do equipo.

Fran Cajoto: "Foz é unha zona turística de referencia"


"É un pobo, con todo o que iso implica. Unha zona amable, de descanso, confortable, con todo moi preto, e é unha zona turística de referencia", cóntanos o alcalde cando nos describe o seu fermosos pobo. "Grandes praias, un paseo marítimo que une gran parte da nosa costa e do que se namora a xente". Son moitos os atractivos de Foz para os visitantes que buscan uns días de relaxación, praia ou natureza. "Ter dous equipos en primeira división, tanto masculino como feminino, nunha comarca formada por pequenos pobos, a verdade é que é un luxo. [...] É un referente do deporte de toda a provincia, pero máis na Mariña. Querémolo todos como propio e ponnos no mapa", recoñecía Fran Cajoto sobre o club.

Elena Aragón: "é un club que aposta moito pola igualdade"


Elena Aragón estréase este ano no club, pero xa traballa en perfecta sintonía coas súas novas compañeiras: "A nivel de adaptación creo que vou ben, aos poucos collendo o ritmo das miñas compañeiras. É un club que aspira a loitar por todos os títulos, así que as xogadoras esixen o máximo, anímanche e apóianche moito dentro da pista". Con todo, a esixencia no campo vese recompensada polos valores que o club promove desde a directiva: "Pescados Rubén é un club que aposta moito pola igualdade, é un referente non só nacional, tamén europeo e mundial, e iso fai que moitas xogadoras queiran vir a este club. Ao final tes un contrato como profesional, que é o que soñas desde pequena".

Jorge Matamoros: "o club traballou a igualdade e a canteira"


"Levamos moito tempo parados e a verdade é que vexo ao equipo con ganas e ilusión. Temos que pensar na salvación, porque o ano pasado pasámolo realmente mal e este ano, cos reforzos do equipo, mellorou bastante", comenta Matamoros sobre os obxectivos da nova tempada. Axudando a cumprir estes obxectivos estarán unha boa cantidade de xogadores que proceden da canteira de Pescados Rubén Burela FS: "levo aquí 8 anos e desde sempre o club traballou a igualdade e a canteira. É un exemplo a seguir para todos os clubs".

Foz: un lugar magnífico para visitar


Os xogadores estiveron moi ben acompañados polo alcalde, que nos mostrou algúns dos enclaves turísticos máis importantes do pobo. Destacan as grandes e paradisíacas praias de Foz, que gozan dunha fina area extraordinaria e as augas máis cristalinas.

Paseo Marítimo


Trátase dun dos paseos marítimos máis bonitos da costa de Lugo. Une gran parte da costa e das praias e calas de Foz, con percorridos sobre cantís, pontes de madeira, zonas con vexetación autóctona. Unha marabilla para pasear mentres contemplas a maxestosidade do océano.

Basílica de San Martiño de Mondoñedo


Nas terras de Foz atópase a coñecida como Basílica de San Martiño de Mondoñedo, que está considerada como a catedral máis antiga de España. Este maxestoso templo románico do século IX está situado á beira da famosa fonte da Zapata, onde di a lenda que o bispo San Gonzalo tirou unha zapatilla e brotou auga.

Río Ouro (Fazouro)


Na zona de Fazouro podemos atopar un auténtico paraíso para os amantes da natureza e do sendeirismo. O Roteiro do Río Ouro levaranos por lugares de fantasía, onde se respira a maior das tranquilidades. A súa desembocadura permitiranos visitar máis praias e na zona tamén poderemos visitar o famoso Castro de Fazouro datado entre os séculos I e III d.C.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.