18/09/2020

CORSAIR e Elgato, novos patrocinadores de Pescados Rubén Burela FS

Como parte do profundo proceso de dixitalización que está a levar a cabo Pescados Rubén Burela FS
CORSAIR e Elgato, novos patrocinadores de Pescados Rubén Burela FS

Como parte do profundo proceso de dixitalización que está a levar a cabo Pescados Rubén Burela FS, é un pracer anunciar que dúas importantes empresas no mundo das novas tecnoloxías únense esta tempada como patrocinadores do equipo.

CORSAIR e Elgato representan a excelencia no mundo tecnolóxico, tanto a nivel técnico coas súas pezas de hardware, como en todo o relacionado coa creación de contidos e emisión de vídeos streaming. Xunto a estes novos patrocinadores, Pescados Rubén Burela FS pretende avanzar no seu obxectivo de transformación e dixitalización de todo o club.

CORSAIR pasou de ser unha empresa pioneira no mercado de memorias DRAM de alto rendemento a converterse nun dos principais provedores mundiais de produtos de xogo e retransmisión de alto rendemento. CORSAIR ofrece un abanico completo de produtos para xogadores, entusiastas e atletas de e-sports, entre os que se inclúen teclados mecánicos, ratons para xogos de precisión, auriculares inalámbricos e compoñentes premium para PC. Toda a empresa está comprometida coa calidade, os deseños innovadores, as características avanzadas e o alto rendemento.

Elgato é o provedor líder de hardware e software para creadores de contido, aproveitando décadas de experiencia para desenvolver produtos amplamente accesibles que permiten a todos os creadores producir contido profesional de alta calidade. Líder en captura de xogos, Elgato ofrece catro poderosas tarxetas de captura de xogos, o controlador Stream Deck e o software que o acompaña que permite aos creadores gravar, cargar e transmitir en vivo contido profesional. Deseñados en Alemaña e California, os produtos de Elgato son distribuídos polos principais comerciantes en máis de oitenta países de todo o mundo.

Desde Pescados Rubén Burela FS estamos moi contentos de contar con estas dúas marcas e coa experiencia dos seus profesionais no noso equipo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.