14/09/2020

Por fin volve o espectáculo a Vista Alegre, con Pescados Rubén-Palma (venres 18, 20.00 horas)

A entidade laranxa habilitará a venda de entradas entre mañá e o venres
Por fin volve o espectáculo a Vista Alegre, con Pescados Rubén-Palma (venres 18, 20.00 horas)

Despois de seis meses desde o compromiso de Primeira Masculina ante Cartagena, o Pescados Rubén Burela FS volverá este venres para gozar do espectáculo sobre a pista de Vista Alegre. O conxunto de Juanma Marrube estreará, por fin, os compromisos de pretempada coa visita de Palma Futsal (20.00 horas) cun límite máximo de 300 espectadores/as.

Venda anticipada desde o martes 15

A entidade laranxa habilitará a venda de entradas entre mañá e o venres (14.00 horas) na sede do club por orde de demanda e ata completar o aforo permitido.

10 euros soci@ s 2019-20
15 euros non soci@s


Horario: Martes, mércores e xoves 10-00-14.00 // 16.00-19.00
Venres 10.00-14.00

No caso de que aínda haxa dispoñibilidade, o despacho de billetes de venres abrirase ás 19.00 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.