11/09/2020

Lara Balseiro e Javi Rodríguez presentan a tempada en Viveiro acompañados da alcaldesa María Loureiro

Na nosa visita a Viveiro camiñamos por tres lugares que son de visita obrigada para calquer turista
Lara Balseiro e Javi Rodríguez presentan a tempada en Viveiro acompañados da alcaldesa María Loureiro

Lara Balseiro e Javi Rodríguez visitaron Viveiro como representantes do Pescados Rubén Burela FS para presentar a tempada 2020/21 e atoparse coa alcaldesa da poboación, María Loureiro, quen os recibiu cos brazos abertos. Con ela falamos sobre como se presenta a nova tempada para as duas plantillas, o apoio do club por loitas sociais como a igualdade e a aposta pola canteira, e sobre todo o que ten que ofrecer Viveiro como un dos lugares turísticos únicos na Mariña.



María Loureiro: "Moita xente descoñece A Mariña e por mor de ver os partidos descobren un sitio descoñecido ao que vir"


"Viveiro é un sitio único, que ofrece aos visitantes diferentes modalidades de visita. Moita xente descoñece A Mariña e por mor de vir ver os partidos, de ver os partidos na televisión, descobren un sitio descoñecido ao que vir", comenta a alcaldesa de Viveiro, quen non dubida en recoñecer que "é bo para toda a comarca que un equipo como o Pescados Rubén Burela FS compita a nivel nacional tanto en feminino como en masculino".

Lara Balseiro: "O noso club ponnos os mellores profesionais e os mellores medios para que os resultados cheguen"


"Os meus inicios foron aquí, en Viveiro, e creo que non hai lugar mellor para gozar do que máis me gusta" comenta Lara, quen sente un agarimo especial por este concello. "É fundamental a aposta que está a facer o club e o paso que deu por medio do convenio colectivo. Nós damos o 100%, pero sería moi difícil alcanzar os obxectivos se non tivésemos os mellores medios. O noso club é pioneiro niso, ponnos os mellores profesionais e os mellores medios para que os resultados cheguen. Formamos o tándem perfecto e os títulos están chegando".

Javi Rodríguez: "O equipo está ansioso por competir e empezar con bo pé a tempada"


"É a liga máis competitiva a nivel mundial", asegura o noso xogador Javi Rodríguez, pero recoñece que o equipo está ansioso por comezar a competir e loitar polos seus obxectivos: "vai ser unha tempada atípica. Levamos adestrando xa un mes e esperemos que o protocolo estea aprobado para que a principios de outubro podamos comezar, xa que o equipo está ansioso por competir e empezar con bo pé a tempada. Isto vai marcar a diferenza das dinámicas, de polo que queres loitar, porque vai ser unha tempada igualada".

A gran oferta turística de Viveiro


Na nosa visita a Viveiro camiñamos por tres lugares que son de visita obrigada para calquer turista que queira vir gozar do pobo. Á marxe das súas praias, como a coñecida Praia de Area ou a Praia de Covas.

Miradoiro de San Roque


No máis alto do Monte de San Roque atópase un dos lugares preferidos dos veciños para gozar dun día tranquilo en plena natureza e cunhas vistas inmellorables. No Miradoiro de San Roque pódese contemplar, desde máis de 300 metros de altura e cunha vista privilexiada, a Ría de Viveiro e a Praia de Covas. Na cima sitúase a Capela de San Roque, protagonista de moitas das lendas mariñeiras da zona.

Centro histórico


Viveiro tamén é coñecido polo seu tranquilo e precioso centro histórico, onde a oferta de tendas e locais de hostalería é moi rica. Un lugar perfecto para pasear e pasar unha agradable tarde, mentres probamos algúns dos mellores manxares da zona, como a merluza do pincho de Viveiro. Mención especial á Porta de Carlos V, símbolo da cidade.

Souto dá Retorta


O Souto dá Retorta é un lugar privilexiado en Galicia que é visita obrigada para quen está coñecendo A Mariña. Un lugar de película no que atoparse con auténticos xigantes no medio do bosque galego. No eucaliptal de Chavín atópanse algúns dos exemplares de maior altura de Europa. O avó, plantado sobre a década de 1880, mide máis de 67 metros de altura e ten 10,5 metros de perímetro.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.