10/09/2020

A RFEF estrea nova imaxe para o Fútbol Sala

Este novo deseño conta cun logotipo máis atractivo que pretende recoller elementos deste deporte
A RFEF estrea nova imaxe para o Fútbol Sala

Este novo deseño conta cun logotipo máis atractivo que pretende recoller elementos deste deporte. Así, inclúense a cúpula, a área e o punto de dobre penalti, tres sinais de identidade inequívocos vinculados ao fútbol sala, como tamén o é o balón das competicións, inspirado no do Patrocinador Técnico Oficial da RFEF, JOMA.

Xunto a eles, o escudo e as siglas da Real Federación Española de Fútbol, acompañados do número e do ton cromático, indican a categoría utilizando as cores: Primeira e Segunda División Masculina, en vermello e o verde para Primeira e Segunda División Feminina. Esta proposta presentouse onte pola tarde no Comité Nacional de Fútbol sala.

LIGAZÓN NOTICIA RFEF

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.