Pescados Rubén e El Progreso reafirman o seu compromiso de colaboración
O presidente del Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco Fanego, e a presidenta de El Progreso, Blanca García Montenegro, selaron onte na delegación da Mariña do xornal, en Burela, a renovación do acordo de colaboración entre ambas as entidades, reafirmando un compromiso moi frutífero iniciado en 2018.
“Coa continuidade desta aposta conxunta o gran beneficiado é o deporte lucense. Tanto dende El Progreso coma dende o noso club queremos dar visibilidade á realidade da bisbarra da Mariña, da provincia de Lugo, e con este tipo de acordos a proxección é moito maior” explicaba Manuel Blanco, que agradeceu o compromiso do xornal e o apoio mostrado ao fútbol sala ao longo de todos estes anos, desde a base -co suplemento A Canteira- ata a elite, con representación na Primeira Feminina e Masculina.
Pola súa parte, Blanca García Montenegro, manifestou “o orgullo que supón colaborar cun club coma Pescados Rubén Burela, que logrou tantos éxitos nos últimos meses e que creou grandes proxectos para a vindeira tempada”, ademais da aposta que levan facendo dende hai anos na empresa mariñá “unha referencia no mundo no sector da pesca”.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas