2020/21 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Novas
09/08/2020
Leti Cortés confirma a súa chegada a Pescados Rubén
A internacional Leti M. Cortés regresa a España e convértese na cuarta novidade de Pescados Rubén Burela FS. Tras unha exitosa carreira no futsal italiano, a xogadora chega con moitas ganas de alcanzar vitorias e disposta a dalo todo no seu novo equipo.

A nova burelista levaba anos con esta idea roldando na súa cabeza, con ganas de volver a España. Unha decisión que finalmente tomou para unirse a un dos equipos que nunca esqueceu. “Tiña ganas de volver, de saborear a liga española de novo e de poder ser
profesional do que levo facendo toda a miña vida. Non hai lugar mellor para isto que neste equipo”. Consciente de que chega a un equipo con elevados obxectivos, a nova 21 está disposta a enfrontarse a estes novos retos coas súas compañeiras. “Novos títulos polo que loitar e novos desafíos persoais por diante, que aínda que seguramente serán difíciles, son os que me motivarán para seguir aprendendo e gozando”.

A pesar da distancia, Leti demostra seguir de preto os avances da liga española que considera atractiva e emocionante. “A liga española é moi forte, os equipos moi competitivos e creo que a fórmula dos play off vai axudar a que aínda sexa máis atractiva e emocionante, tanto para quen a xoga como para quen ve os partidos”.

Seguindo os partidos de Pescados Rubén sempre que tiña a oportunidade, a xogadora mostra que coñece ben ao equipo e espera chegar a dar o mellor de si mesma canto antes. “Son unha xogadora diferente á que se foi de aquí hai sete tempadas. vivín outras experiencias nun país diferente, con xogadoras, adestradores e equipos diferentes. Iso fai que a bagaxe sexa máis ampla e a experiencia maior. Espero estar ao meu máximo nivel o máis rápido posible e achegar o meu gran de area a nivel persoal e profesional para encarar esta ilusionante tempada logo dun momento moi duro para todos”.
Publicidade
X Pechar