2020/21 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Novas
08/08/2020
Pistoletazo de saída para as pupilas de Julio Delgado
O novo Pescados Rubén Burela FS estreou onte oficialmente a pretempada 2020-21 coa xuntanza de presentación. O salón de conferencias da localidade mariñá acolleu a cita coa presenza de xogadoras, corpo técnico-médico e directiva, nun proxecto que seguirá soñando, rachando cos imposibles e pelexando por todos os títulos.

Xunto ao presidente, Manuel Blanco, tamén estiveron os vicepresidentes, Cesarina Fanego e José Luis Sáez, ademais de Rubén Blanco, fundador de Pescados Rubén SL.

Posible cambio de inicio de liga

O cadro de Julio Delgado estreará os adestramento de pretempada este luns, á espera do que decidirá a RFEF na reunión cos presidentes das Federacións Autonómicas ese mesmo día, onde se informará da situación e se adoptarán as decisións pertinentes en canto a como e cando poderán iniciarse as competicións oficiais non profesionais, previstas para o 5 de setembro.

RFEF. Ligazón
Publicidade
X Pechar