06/08/2020

Cristina Pérez renova ata 2022 con Pescados Rubén

A pivote seguirá defendendo ás Guerreiras por terceira tempada tras unha dura lesión de xeonllo
Cristina Pérez renova ata 2022 con Pescados Rubén

O proxecto laranxa segue con grandes anuncios, nesta ocasión coa renovación de Cristina Pérez para a tempada 2020-21, alongando o seu contrato ata 2022. A pivote seguirá defendendo ás Guerreiras por terceira tempada tras unha dura lesión de xeonllo que non lle fixo perder o ánimo en ningún momento.

Tras o seu regreso en decembro do ano pasado, a xogadora non só demostrou a súa fortaleza no campo, senón que tamén viviu en primeira persoa algúns dos momentos máis duros durante a pandemia. Isto foi debido ao seu traballo como enfermeira e a súa axuda no servizo do sistema sanitario madrileño.

A súa volta aos partidos veu unida ao gran éxito conseguido no final de liga disputado en xuño. Agora a xogadora ten a súa mirada fixa en seguir crecendo: “reo que o equipo ten que seguir na mesma liña. O ano pasado gañamos todos os títulos que disputamos e ese é o camiño que queremos seguir”.

A volta ás pistas de xogo é algo que lle ten impaciente, sobre todo polas ganas de volver competir e superar novos retos. “Este ano vai ser unha tempada atípica, con moita carga de partidos. Haberá que enfocar a tempada para chegar ben a momentos clave xa que teremos moitos títulos en xogo. E o reto será gañalo todo; este equipo está feito para iso”.

Por suposto, a pivote quixo enviar unha mensaxe aos seguidores de Pescados Rubén, a quen lembra con agarimo e de quen sabe que recibe o seu apoio incondicional. “Aínda que sexa unha tempada rara tentaremos facer gozar á nosa afección e traer títulos a Burela. Sabemos que aínda que non poidan acompañarnos no pavillón nos estarán apoiando”.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.