05/08/2020

Ale de Paz renova unha tempada máis con Pescados Rubén

A ala-peche confirma o seu segundo ano con Pescados Rubén Burela FS despois dun primeiro ano sensacional
Ale de Paz renova unha tempada máis con Pescados Rubén

O proxecto laranxa segue crecendo, nesta ocasión confirmando a renovación de Ale de Paz. A ala-peche confirma o seu segundo ano con Pescados Rubén Burela FS despois dun primeiro ano sensacional.

O ánimo é unha das grandes características coas que comeza a xogadora nedense, quen se mostra con elevadas expectativas para este segundo ano. “Burela é un equipo feito para gañalo todo. Tanto eu coma todo o equipo queremos seguir na liña e no nivel no que rematamos a pasada tempada”.

No que respecta á posibilidade de que o equipo poida repetir un bo ano con esta gran volta, a “17” burelista teno claro. “Creo que podemos alcanzalo porque está na mente de todos e estamos aquí para iso e máis”.

A volta aos partidos cunha situación un tanto atípica na que o público non poderá estar presente é algo que notarán, pero está segura de que seguirán recibindo o apoio incondicional. “Tendo a afección que ten o Pescados Rubén está claro que notaremos a súa ausencia, porque sábado tras sábado estaban en Vista Alegre a pé de canón tirando de nós en todo momento”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.