03/08/2020

Bea Mateos renova unha tempada máis con Pescados Rubén

Trátase da súa oitava tempada no proxecto laranxa, na que seguirá no posto de ala-peche
Bea Mateos renova unha tempada máis con Pescados Rubén

Bea Mateos confirma a súa renovación co Pescados Rubén Burela FS. Trátase da súa oitava tempada no proxecto laranxa, na que seguirá no posto de ala-peche e disposta a levar ao seu equipo ó máis alto en 2020-21.

Afirma sentirse “orgullosa de competir con esta camiseta, con este escudo e moi contenta de formar parte un ano máis desta gran Familia Laranxa”. Por suposto móstrase desexosa de que entre todos poidan vivir moitos momentos felices co equipo.

No que respecta á posible presión engadida que poida vir con esta nova tempada, non ten dúbidas e mostra a súa confianza no equipo. “Estamos nun club feito para gañar, que compite por todos os títulos”. Isto lévaa a mostrar que non sente que haxa máis presión, aínda que agradece ter a oportunidade de estar nun equipo no que debe dalo todo para seguir no máis alto.

A súa seguridade no proxecto laranxa tamén a leva a ter grandes expectativas deportivas e mesmo ambicións para o equipo. “Oxalá que sexa un bo ano para nós, que podamos conseguir todos os títulos e poder competir ao máximo, ao cento por cento. Poder dar alegrías á familia Laranxa e conseguir que o pasen ben connosco”.

Por suposto, ademais de fortes esperanzas co equipo tamén quixo compartir unha mensaxe especial para apoiar a toda a xente de Burela que pasou por esta terrible situación coa pandemia. “Mandarlle unha mensaxe de ánimo a toda esa xente que perdeu a un familiar ou que o pasou moi mal. Moito ánimo para todas esas persoas”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.