31/07/2020

As Guerreiras tamén estrearán a liga 2020-21 o 5 de setembro

Los equipos sénior del Pescados Rubén Burela FS coincidirán en el inicio de liga.
As Guerreiras tamén estrearán a liga 2020-21 o 5 de setembro

Los equipos sénior del Pescados Rubén Burela FS coincidirán en el inicio de liga. As Guerreiras tamén estrearán 2020-21 o 5 de setembro. Así o deu a coñecer onte a Real Federación Española de Fútbol, ratificando os calendarios de Primeira e Segunda Feminina, Segunda B e División de Honra Xuvenil, e advertindo que, se as circunstancias derivadas da Covid-19 o impiden, poderán variar nun plan alternativo.

Coa volta ao parqué de Vista Alegre o 10 de agosto, as actuais campioas de Supercopa de España e liga terán por diante 26 días de intensa pretempada para volver a gozar da emoción da competición.

No pleno do Comité Nacional de Fútbol Sala, a RFEF aprobou as Normas de Competición, as Bases de Competición e os calendarios que faltaban por facerse públicos.

Data de inicio de 1ª División Feminina: 5 de setembro
Data de inicio de 2ª División Feminina: 3 de outubro
Data de inicio de 2ª División B: 26 de setembro
Data de inicio de DHX: 26 de setembro

Información RFEF. Ligazón

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.