27/07/2020

Futuro Laranxa convertido en Presente

Futuro Laranxa convertido en Presente

A pretempada do Pescados Rubén Burela FS arrinca hoxe cun Futuro Laranxa convertido en presente. As Xoias Nito, Renatinho, Bruno e Quelle formarán parte do cadro que dirixirá Juanma Marrube en 2020-21.

O ala-peche Néstor Valle Gómez, Nito, volverá defender o equipo de toda a súa infancia tras o paso polo Santiago Futsal a tempada pasada e despois de alzarse co título de campión de Europa con España Sub-19. O ala-pivote Renato Rodrigues e o porteiro Bruno García dan o salto ao equipo sénior, coa incorporación do ala xuvenil Jorge Quelle, despois de entrar xa os tres en convocatorias do Mariskal en 2019-20.

Estas catro Xoias súmanse a outros xogadores formados na base burelista que xa teñen unha ampla experiencia nas pistas de Primeira defendendo o Orgullo Laranxa como Iago Míguez, Renato ou Pitero. Unidos aos 7 da casa, estrean a pretempada do Pescados Rubén os tamén galegos Edu, Lucho, Álex Diz, David Pazos e Quintela, con Matamoros, Michal Kaluza e Etto’o, ademais das últimas incorporacións, Javi Rodríguez e Giasson.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.