25/07/2020

Javi Rodríguez regresa a Pescados Rubén

Javi Rodríguez regresa a Pescados Rubén

Tras 10 anos fora do equipo e percorrendo o mundo, o xogador canario Javi Rodríguez volve a Pescados Rubén Burela FS. Ilusionado e con moi bos recordos, móstrase emocionado pola súa volta a Burela, a cal considera como a súa segunda casa.

O paso do tempo levou a Javi Rodríguez a crecer e avanzar noutros equipos, madurando e mellorando, aínda que non esquece que chegou a ser campión de España con Galicia. “Madurei moito deportiva e persoalmente, coa experiencia de 11 anos en Primeira e 4 en Segunda; sempre traballei para aprender ao máximo cada tempada”.

A pesar dos anos que pasaron, aínda garda con gran agarimo os seus momentos en Burela, pero hai un que destaca sobre o resto. “O mellor sen dúbida é o de chegar a Burela e a resposta inmediata da xente é o seu trato, como uno máis da vila”. A pesar dos bos momentos, tamén lembra o seu momento máis triste cando perderon o playoff de ascenso a Primeira contra Puertollano. “Nunca vin chorar tanto a un vestiario. Eramos unha piña”.

Sinala que o seu regreso vén acompañado do apoio dunha persoa en especial: Iago Míguez, co que compartiu vestiario en Catgas. Aínda que algo ten claro, a súa volta prodúcese “nun club que xa coñecín como do mellor en estrutura de base en Galicia”.

Pero, entre todo o agarimo e gran emoción por esta volta, ten claro unha cousa. Agora que regresou e uniuse á Familia Laranxa, “loitar por facer algo bonito esta tempada co club que me deu a oportunidade de saír de Canarias sendo un neno, a miña segunda casa”.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.