23/07/2020

Diego Quintela novo xogador do Pescados Rubén

O pivote formalizou a súa fichaxe para a tempada 2020-21 e non dubidou en mostrar a súa ilusión
Diego Quintela novo xogador do Pescados Rubén

O xogador coruñés Diego Quintela aposta polo proxecto laranxa. O pivote formalizou a súa fichaxe para a tempada 2020-21 e non dubidou en mostrar a súa ilusión á hora de apostar por este equipo do mesmo xeito que dedicar unhas palabras para celebrar este gran momento coa súa volta a un equipo galego.

Quintela asegura que hoxe en día o Pescados Rubén Burela FS é o que máis se adapta ás súas prioridades tanto deportivas como persoais. “Levo xogando moitos anos e competindo desde moi preto e é un club ao que sempre admirei pola súa seriedade, compromiso e ambición” afirma o xogador.

No que respecta a o que pode chegar a atoparse nesta cidade, móstrase seguro ao dicir que é “unha cidade tranquila e traballadora que vive o fútbol sala. Só hai que estar unha tarde por Burela e poderás atopar a varias persoas tomando café coa camiseta do equipo”.

Por último, Quintela dedicou unha mensaxe ás persoas de Burela ante a situación actual que atravesa o mundo debido á pandemia. “Unha frase que me poño moito no meu estilo de vida é que non debo contar os días, teño que facer que os días conten. Son momentos difíciles pero, unidos e con forza, sairase desta”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.