28/06/2020

A Liga pecha o triplete das Guerreiras. Facendo Historia!

O Martín Carpena recibiu a gran final de Primeira División Feminina con gran ritmo
A Liga pecha o triplete das Guerreiras. Facendo Historia!

O Pescados Rubén Burela FS volveu facer historia. A terceira liga da Guerreiras Laranxas sobe hoxe ao palmarés mariñán coa vitoria, en play off exprés, ante o AD Alcorcón (3-2) completando o triplete de títulos esta tempada, tras o 4Nations Futsal de Milán e a Supercopa de España. O traballo burelista obtivo a súa recompensa nunha final na que sempre levaron a iniciativa no marcador con continuos gadoupas das alfareiras, que souberon facer fronte con presión e coraxe. Afección, mañá vémonos en Burela!!!!!!

O Martín Carpena recibiu a gran final de Primeira División Feminina con gran ritmo e mellores chegadas iniciais das Guerreiras cunha boa reacción do Alcorcón e unha perfecta resposta da rede galega. A tentativa de Vane Sotelo foi ás mans de Jozi chegando ao minuto 5; segundos despois a meta laranxa volveu facer acto de presenza desde a esquina. Dany, no 8, cun mísil quixo sorprender a Estela García, primeiro desde a banda e máis tarde a pase de Ale. Cami a punto estivo de sorprender, en parede con Cilene, pero sen fortuna. Jozi estaba moi acertada; evitou co pé a iniciativa do Alcorcón no marcador, nun rebote da defensa mariñá. Así, as galegas conseguiron ir gañando en circulación ante a presión madrileña. E adiantouse o Pescados Rubén Burela a falta de 6’49” para o descanso, cun saque de banda de Peque, que deu en Ballesteros e desorientou a porteira alcorconeira. En dous minutos, as madrileñas conseguiron recuperar as táboas tamén de estratexia, con Estela Cantero ao segundo pau. O soporte técnico deu a razón a Pescados Rubén no penalti sobre Peque, a falta de 1.48”, con diana de Jenny Lores. Con todo, en menos dun minuto Vane Sotelo puido devolver o empate para recibir a bucina do ecuador.

Ata o 32 tiveron que esperar as mariñás para poñerse por diante, de novo, aproveitando unha contra que culminou Jenny ao segundo pau. Estela García foi decisiva ante Jenny Lores pouco despois. Con dous minutos e medio por diante, Alcorcón apostou pola superioridade de cinco; souberon aguantar as de Julio Delgado e Lucas. Jenny ata tivo ocasión a porta baleira.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Peque, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Jenny, Cristina, Jenny Lores, Jane, Cami

AD Alcorcón: Estela García, Aída de Miguel, Irene Samper, Vane Sotelo, Carmen Alonso, cinco inicial; tamén xogaron Nere Moldes, Estela Cantero, Cynthia Romano, Ballesteros, Pipi

Goles: 1-0, minuto 14, Peque (p.p. Ballesteros); 1-1, minuto 16, Estela Cantero; 2-1, minuto 19, Jenny Lores (penalti); 2-2, minuto 20, Vane Sotelo; 3-2, minuto 32, Jenny

Árbitros: García Hernández // Moreno Millán (colexio tinerfeño). Por Burela amarela para Jenny Santos (minuto 31). Por Alcorcón amarela para Vane Sotelo (minuto 30)

Incidencias: Final de play off exprés de Primeira División RFEF Feminina disputada no Palacio dos Deportes Martín Carpena de Málaga, e cos comentarios da seleccionadora nacional, Clàudia Pons, para www.rfef.es (emitido por Teledeporte). Xunto ao presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, as Guerreiras recibiron o apoio do responsable da área de Deportes da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández, ademais de Pablo Prieto, representando á Real Federación Galega de Fútbol. O palco de autoridades estivo encabezado por Elvira Andrés, vicepresidenta da Real Federación Española de Fútbol, xunto a Pablo Lozano, presidente Comisión Xestora de RFAF; José María Timón, coordinador Gabinete Presidencia da RFEF; ademais de José Luis Paradas Romero, xerente de Málaga Deporte e Eventos, entre outros.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.