06/06/2020

Pleno de negativos para continuar preparando o play off

Xogadoras e corpo técnico do Pescados Rubén Burela FS foron sometidos este mediodía aos test de COVID-19
Pleno de negativos para continuar preparando o play off

Xogadoras e corpo técnico do Pescados Rubén Burela FS foron sometidos este mediodía aos test de COVID-19, con pleno de negativos para seguir preparando o play off exprés polo título de Primeira que terá lugar nas vindeiras semanas, medíndose a Alcorcón e Ourense Envialia.

O servizo médico da Mutualidade de Servizos Españois, coa coordinación da RFGF, trasladouse ao pavillón Vista Alegre para realizar as probas, segundo o acordo selado entre a RFEF e MUPRESFE. A instancias do club mariñán, tamén foi sometido aos devanditos test persoal externo e interno de apoio, así como persoal administrativo, na clínica focega Maas+Saúde.

As Guerreiras Laranxas poderán realizar o primeiro adestramento en grupo a partir do luns.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.