01/06/2020

Vista Alegre volve abrir as súas portas

A escuadra mariñá arrincou a semana con sesións físicas en grupos reducidos
Vista Alegre volve abrir as súas portas

Despois de dous meses e medio, o Pescados Rubén Burela FS puido regresar hoxe aos adestramentos nesta Fase 2 da desescalada, de acordo ao protocolo de Ministerio de Sanidade e do Consello Superior de Deportes e coas directrices e consellos do corpo médico do club. Vista Alegre recibiu ás Guerreiras Laranxas para comezar a preparar os play offs exprés polo título de Primeira RFEF.

A escuadra mariñá arrincou a semana con sesións físicas en grupos reducidos, de 3-4 xogadoras, coa supervisión do preparador físico, Pablo Díaz, e o apoio da delegada Emma Losada. A partir de mañá alternarán os adestramentos en pista cos do complexo deportivo da Marosa.

A primeira sesión grupal está prevista para a próxima semana.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.