03/03/2020

Os burelistas reciben o Cartagena este mércores, na xornada 15 aprazada

Os burelistas reciben o Cartagena este mércores, na xornada 15 aprazada
Na semana de descanso pola Copa de España de Málaga, os burelistas recuperarán a xornada aprazada, do final da primeira volta. Será mañá, ás 21.00 horas, coa visita do Jimbee Cartagena FS, que recala na Mariña na duodécima praza (24 puntos). Cada soci@ laranxa poderá acudir cun acompañante á cita; as invitacións estarán dispoñibles no acceso ao pavillón.

“Están en xogo tres puntos moi importantes para viaxar a Zaragoza, o noso rival máis inmediato, antes de Copa Galicia. Afrontámolo con moita ilusión e con moita confianza depositada para conseguir puntuar” confesaba Luisma. “Será un partido difícil, coma todos, pero creo que podemos sacar algo positivo. Na casa estamos facendo mellor as cousas e a nosa afección axúdanos a seguir medrando partido a partido. En Vista Alegre podemos conseguir tres puntos moi necesarios, que nos darían un subidón anímico, pero sobre todo clasificatorio", explicaba o logroñés ante un novo reto da Alma Laranxa tras o calendario ante os todopoderosos e abrindo unha nova etapa.

Enfrontaranse dous rivais con caras novas. “Cartagena reforzouse moi ben o mercado invernal; nós tamén tivemos cambios. Toca afrontalo agora como unha gran final”, explicaba o 6 burelista do equipo que dirixe Duda, coa peche de ElPozo Josema, o ala brasileiro Gabriel ou o pivote do Movistar Solano entre as súas novidades.

O Jimbee chega á costa galega encadeando as derrotas ante O Parrulo (3-2), Jaén (4-2) e Movistar (3-6), con 9 puntos recollidos nesta segunda volta, nos empates ante Barcelona (1-1), Zaragoza (5-5) e Levante (3-3), ademais das vitorias con Santa Coloma (5-2) e Magna (7-6): “É un rival perigoso, é un moi potente, sobre todo a nivel ofensivo, con boas individualidades; ten xogadores como Fernández, Juanpi ou Franklin que te poden desbordar no un contra un, ademais de dous pivotes dominantes”, analizaba así o logroñés as virtudes dos murcianos.

Os pupilos de Juanma Marrube terán aínda dúas sesións antes da cita, hoxe ás 17.00 horas e mañá ás 11.00 horas.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.