29/02/2020

As mariñás empatan en Roldán (2-2)

As mariñás empatan en Roldán (2-2)
O Pescados Rubén Burela FS regresa da xornada 22 co primeiro empate a domicilio da tempada na pista do STV Roldán (2-2). As mariñás remaron contra a vantaxe do 1-0 nas proximidades do descanso e remontaron o 2-0 nos últimos catro minutos de xogo avaladas polo xogo de cinco, liderado por Cilene.

As pupilas de Julio Delgado, que non puideron contar con Lara -por enfermidade- e con Jenny Lores retirada na primeira rotación por un golpe no xeonllo, dominaron o encontro e xeraron ocasións pero sen éxito sobre a rede custodiada por Ana Etayo. Cilene, Jenny e Ale de Paz dispuxeron das máis claras pero foron as locais as que aproveitaron para marchar ao descanso con vantaxe grazas ao dobre penalti, no minuto 18, transformado por Andrea Marín.

Definitivamente Ana Etayo tiña hoxe un imán fronte ás acometidas mariñás, con Ale de Paz como unha das máis activas. Con máis de oito minutos por diante e sen poder mover o marcador, as Guerreiras apostaron por xogo de cinco con Cilene como baluarte. Con todo, foi o Roldán o que atopou de novo o premio, a porta baleira, de Bet Carrasco, ao cazar un erro de circulación laranxa; cumpríase o 34 de xogo. Non cesou na súa insistencia Pescados Rubén; Etayo evitou o remate de cabeza de Peque e Jenny tivo outra de ouro. Parecía que non entraba nada pero, por fin, a portuguesa puido reducir no 36, a pase de Ale de Paz, tras un brillante regate de Cilene. Etayo evitou o empate das galegas ante un gran lanzamento de Peque; aínda quedaba 1’31” por diante. Volveu sacar un pé provindencial a meta local para frear a Dany, pero nada puido facer a balón parado, con 42 segundos aínda en xogo, coa sempre máxica Cilene. Dispuxo Burela do que podería ser o gol da vitoria a 9 para a bucina final, con todo, aí estaba a protagonista do partido.

Ficha técnica

STV Roldán: Etayo, Andrea, Bet, Riscos, Ángela, cinco inicial; tamén xogaron Ángeles, María, Alba, Claudia, Mayte, Cristina

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cristina, Cilene, Peque, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Dany, Ale de Paz, Luci

Goles: 1-0, minuto 18, Andrea Marín (d.p.); 2-0, minuto 34, Bet Carrasco; 2-1, minuto 36, Jenny; 2-2, minuto 40, Cilene

Árbitros: Martínez Martínez // Murcia Castillo. Por Roldán amarela para Andrea Marín (minuto 23.) Por Burela amarela para Cilene (minuto 25)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 22 de Primeira División disputado no Gabriel Pérez de Roldán

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.