22/02/2020

Pescados Rubén 4-0 Xaloc

Pescados Rubén 4-0 Xaloc
Vista Alegre foi testemuña esta tarde dun Pescados Rubén Burela FS que deu un paso adiante en verticalidade, aínda que tamén con certos erros nos últimos metros, ante o novel Xaloc, un rival moi entregado que apelou á intensidade en defensa para mitigar a ofensiva galega, con 4-0 final. Por diante queda unha semana de dobre compromiso a domicilio para as mariñás, coa ida de semifinais de Copa Galicia o martes na Coruña con Viaxes Amarelle FSF (12.00 horas) e a xornada 22 o sábado na pista de STV Roldán (12.00 horas, en directo 7TV).

Toñi tivo que aplicarse a fondo ante a avalancha das Guerreiras. Peque e Cilene foron as primeiras en merodear a meta alicantina; a pichichi burelista asediou sen tregua; Luci e Jenny tamén rozaron o pau. Por fin, no 9, as mariñás abriron a lata, con firma de Jenny Lores que quedou diante da portería baleira ante a saída de Toñi fronte a Dany, en banda contraria; antes Ángela tivera a primeira con perigo con excelente resposta de Jozi. Peque, no 12, selou o gol da xornada cunha maxistral vaselina pola banda, desde case media pista, e tras sortear a tentativa defensiva do Xaloc. A xoia da Fervenza, Cris Lourés, estreou a súa conta laranxa rematando na liña de meta a ocasión de Jenny Lores. O pau evitou o cuarto, nas zapatillas da 21 mariñá, a 18 segundos para o descanso.

Menos fortuna nos metros finais tiveron as de Julio Delgado e Lucas no segundo acto. Avisou Lara Balseiro, esperando ao segundo pau Cristina, no 24. Pero pouco se fixo esperar o 4-0; no 25, Peque volveu facer acto de presenza, a pase de Jenny Lores, coa rede libre. Lucía Paz, tan só dous despois, resolveu moi ben para manter a portería galega a cero, ante Miriam, practicamente na única das visitantes. Unha e outra vez, a ofensiva do Pescados Rubén bateu contra a meta do pechacancelas, cunha defensa que pelexou ata o último balón: Jenny, Jenny Lores, Dany, Cris Lourés...

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cristina, Cilene, Peque, Lara Balseiro, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Jenny Lores, Dany, Luci, Cris Lourés, Lucía Paz

Xaloc Alacant FS: Toñi, Eva, More, Miriam, Ángela, cinco inicial; tamén xogaron Tere, Sáez, Lydia, Claudia, Elena

Goles: 1-0, minuto 9, Jenny Lores; 2-0, minuto 12, Peque; 3-0, minuto 18, Cris Lourés; 4-0, minuto 25, Peque

Árbitros: Rodríguez Castro // Fernández Vega.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 21 de Primeira División disputado en Vista Alegre antes uns 400 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.