19/02/2020

Martes de Entroido, festa de Copa Galicia

Martes de Entroido, festa de Copa Galicia
O Pescados Rubén Burela FS festexará o Martes de Entroido coas semifinais de Copa Galicia por partida dobre, na casa ante O Parrulo e a domiclio con Viaxes Amarelle.

Vista Alegre acollerá o encontro de ida da edición XXIX masculina coa visita dos ferroláns (20.30 horas) e entrada totalmente gratuíta. Pola mañá será a quenda da XIV feminina, co desprazamento á pista coruñesa do Sagrada Familia (12.00 horas).

O resto dos protagonistas da fase tamén se medirán o día 25:

COPA MASCULINA. Santiago Futsal- Noia Portus Apostoli (21.00 horas)

COPA FEMININA. Poio Pescamar FSF-Ourense Envialia (20.00 horas)


O partido de volta está previsto para o 18 de marzo. Os vencedores pelexarán polo título o 11 de abril, na final.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.