2019/20 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Novas
15/02/2020
Leganés 2-6 Pescados Rubén
Máis comodidade atopou o Pescados Rubén Burela FS no regreso a La Fortuna desta semana sobre o Leganés Masdeporte, fronte ao que tamén conseguiu o billete para a final de Copa da Raíña o sábado pasado. Tras unha primeira parte máis trabada aínda que con acerto na finalización, as pupilas de Julio Delgado e Lucas conseguiron atoparse co seu xogo, con posesión, dominio e ocasións, e así ampliar a vantaxe de 1-2 ata o 2-6.

Resistiuse menos o gol hoxe, aínda que repetiu a protagonista; Cilene no 3 volveu abrir a lata a pase de Peque. Cristina ampliou antes do cinco, cazando un rexeite a tentativa da xoia da Fervenza, Cris Lourés. Rozando o ecuador o Leganés conseguiu manterse no partido, reducindo distancias Stone ante o adiantamento de Jozi. O pau evitou o empate madrileño chegando ao descanso, en ocasión de dobre penalti de Guti.

A murciana Cristina puxo máis tranquilidade no marcador, no reinicio, cun lanzamento desde fóra da área, e ampliou Dany, no 27. O Leganés apostou por xogo de cinco con dez minutos por diante e no 33 atopou a recompensa, con Stone, de rexeite. Cilene e Dany volveron facer acto de presenza para completar a clara vitoria, nos minutos 37 e 38.


Ficha técnica


Leganés Masdeporte: Lucía, Patricia, Amparo, Patri B., Guti, cinco inicial; tamén xogaron Carmen, Elena, Saki, Yrezabal, Esther, Stone, Sandra

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cris Lourés, Cristina, Cilene, Peque, cinco inicial; tamén xogaron Jane, Dany, Lara Balseiro, Luci, Jenny

Goles: 0-1, minuto 3, Cilene; 0-2, minuto 4, Cristina; 1-2, minuto 10, Stone; 1-3, minuto 23, Cristina; 1-4, minuto 27, Dany; 2-4, minuto 33, Stone; 2-5, minuto 37, Cilene; 2-6, minuto 38, Dany

Árbitros: Alonso Abad // González Rubio. Por Leganés Esther (18), Amparo (21), Guti (39). Por Burela amarela a Luci (minuto 10), Dany (minuto 36).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 20 de Primeira División disputado en La Fortuna
Publicidade
X Pechar