06/02/2020

Leganés, escollo para a final four da Raíña

Leganés, escollo para a final four da Raíña
Co descanso de liga, as Guerreiras cambian o chip para centrarse esta semana en seguir dando pasos para revalidar en título de Copa de SM A Raíña. O Leganés Masdeporte preséntase como o escollo cara á final four do Pescados Rubén Burela FS este sábado, ás 19.15 horas (La Fortuna), como rival de cuartos.

O conxunto de Julio Delgado e Lucas recupera efectivos para a cita, co regreso da máxica Cilene e da pichichi mariñá, Peque. “É unha competición que hai que gañar e para iso temos que pasar esta eliminatoria, para pelexar por todo na final four”, recoñecía así a 7 laranxa a súa ilusión neste periplo que se decidirá o 9-10 de maio, apostanto por concentración plena para referendar o traballo burelista: “Realizamos unha boa semana de adestramentos, estudando o rival. Se amosamos claridade de ideas o pase é noso, pero tamén imos tendo moi en conta que o ano pasado foi unha pista que nos custou moito e non podemos relaxarnos. Sabemos que vai ser unha cita moi difícil. O Leganés terá unha motivación máxima ante esta oportunidade” advertía a madrileña do conxunto que pelexa por afastase da zona de perigo da liga, na duodécima praza, con 15 puntos.

Outros enfrontamentos. Peque tamén falou dos outros candidatos da fase final: “Será unha fin de semana de partidazos. Poio e Roldán son moi guerreiros, o partido vaise decidir con dúas grandes porteiras. O derbi Alcorcón-Futsi xa é todo un clásico; será a guerra. E para rematar, Zaragoza-Universidad de Alicante pode parecer o encontro máis frouxo, pero Zaragoza é moi forte na casa e vai poñer as cousas moi complicadas”.

O equipo realizará a última sesión mañá en Vista Alegre, ás 11.00 horas, e poñerá rumbo o sábado pola mañá cara a La Fortuna.

Sábado 8 de febreiro

Poio Pescamar FS -Roldán STV, Pavillón Municipal de Poio, 18:30 horas

Leganés FS-PescadosRubén Burela FS, Pavillón La Fortuna, 19:15 horas

A.D. Alcorcón F.S.--Futsi Atlético Navalcarnero, Pab. Mun. Los Cantos,19:30 horas

Domingo 9 de febreiro


A.D. Sala Zaragoza F.S.--Universidad de Alicante, Pab. Mun. La Granja, 12:00 horas

Regreso de liga tamén en Leganés. A competición regular regresará o sábado 15, con novo desprazamentos das mariñás a Leganés (19.15 horas).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.