01/02/2020

Vitoria burelista ante un correoso e atrevido Cidade das Burgas (4-1)

Vitoria burelista ante un correoso e atrevido Cidade das Burgas (4-1)
Ao Pescados Rubén Burela FS custoulle facerse cos tres puntos da xornada 19 no derbi irmandiño (4-1). As Guerreiras medíronse a un Cidade das Burgas correoso e atrevido que lles puxo as cousas difíciles, sobre todo na primeira parte, tomando a iniciativa no marcador. As mariñás conseguiron chegar ao descanso con empate 1-1; co 2-1, no reinicio, o conxunto local gañou en verticalidade para facerse co encontro.

As Burgas quixo ser valente cuns minutos iniciais moi intensos nos que subiu filas para presionar a elaboración mariñá. As visitantes foron as primeiras en poñer a proba a rede, antes de cumprirse o minuto 2, con Nahir Oliveira. Respondeu Bea Mateos fronte a Ana Lastra. Aos poucos foron atopando algún oco as de Julio Delgado, aínda que con moitos erros, con Dany -por partida dobre-, Ale de Paz e Jane. A de ouro do partido protagonizouna precisamente Marques, no 11, nun marabilloso autopase superando a Ana Lastra, pero aí estaba Clara para desartellalo. As ourensás conseguiron adiantarse no minuto 16, coa ex das laranxas Lucía Nespereira nun saque de esquina que entrou directo. Cristina tivo a igualada pouco despois nun centro de Jenny. E foi xusto a 9 burelista a encargada de subir o 1-1 a falta de 2’20” para o descanso nun golazo desde os oito metros. Apertou o Pescados Rubén e Cristina a punto estivo de marcar a iniciativa no luminoso, cun balón cruzado que rozou Ana Lastra para evitalo.

Jenny Lores aproveitou para poñerse por diante no reinicio; no 23 a pontevedresa cazou o rexeite de Dany. A partir de aí as Guerreiras medraron. No 25, Jane volveu liderar o perigo sobre a rede de Ana Lastra; a brasileira topouse por primeira vez coa defensa das Burgas e pouco despois non puido chegar ao pase ao segundo pau de Bea Mateos. O 3-1 subiu para as Guerreiras ao bordo do ecuador do segundo acto nas zapatillas de Cristina, apoiada en Jenny Santos e axustando ao segundo pau. Atopou así máis tranquilidade Burela no electrónico e no xogo. A falta de sete para a bucina final, Bea Mateos saltou como porteira xogadora; Sonia Pacios puido recortar no 35 a porta baleira nun despexe que se foi moi desviado. As Guerreiras atoparon o cuarto nun roubo de Jenny en pista visitante coa portería sen custodia. Restaban tres minutos de xogo e tocoulle a quenda á meta Lucía Paz, de Comarcal A Fervenza FSFS, para estrear a tempada laranxa. Dany aínda tivo o quinto, en dobre penalti, a 25 segundos do descanso, sen éxito.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Lara Balseiro, Bea Mateos, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Ale de Paz, Jane, Jenny, Cristina, Luci, Lucía Paz

Cidade das Burgas: Ana Lastra, Clara, María Arias, Amelia, Nahir Oliveira, cinco inicial; tamén xogaron Lucía Nespereira, Sonia Pacios, Canolich, Nati Pacios

Goles: 0-1, minuto 16, Lucía Nespereira; 1-1, minuto 18, Jenny; 2-1, minuto 23, Jenny Lores; 3-1, minuto 30, Cristina; 4-1, minuto 37, Jenny;

Árbitros: Coello Martínez // Menéndez Nistal. Por Cidade das Burgas amarela para Clara (minuto 16), Amelia (minuto 20).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 19 de Primeira División disputado en Vista Alegre ante arredor de 500 persoas

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.