21/01/2020

Barcelona e no Palau, destino burelista en cuartos de Copa do Rei

Barcelona e no Palau, destino burelista en cuartos de Copa do Rei
O Pescados Rubén Burela FS xa coñece rival de cuartos de Copa do Rei e preséntase como reto máximo. Coa presenza de Iago Míguez como representante laranxa no sorteo organizado pola RFEF este mediodía en Las Rozas, a bóla do equipo galego resistiuse ata o final para completar o último enfrontamento, ante o titánico FC Barcelona, e co Palau como escenario. A eliminatoria, a partido único, decidirase o mércores 12 de febreiro.

O resto dos emparellamentos quedan así:

Soliss FS Talavera-Industrias Santa Coloma

Real Betis Futsal- Servigroup Peñíscola

Jaén Paraíso Interior-Jimbee Cartagena FS

Venda anticipada para Movistar. Ata o venres ás 14.00 horas, estará dispoñible a venda anticipada de entradas para a visita do Movistar Inter FS a Vista Alegre (sábado 25, 18.30 horas) tanto para soci@s como para o resto de público. Os abonad@s laranxas que non poidan retirar a súa entrada ao longo da semana na sede do club poderán facelo na taquilla o día de partido entre as 17.15 e as 18.00 horas; despois as entradas poderán liberarse.

4 de marzo, data para o aprazado de liga. Vista Alegre acollerá a disputa da xornada 15, aprazada no mes de decembro por inclemencias meteorolóxicas, o martes 4 de marzo. O partido entre Pescados Rubén Burela FS e Jimbee Cartagena está previsto para as 21.00 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.