17/01/2020

Xande e Pixote completan a lista para Levante

Xande e Pixote completan a lista para Levante
As últimas incorporacións do Pescados Rubén Burela FS, os alas brasileiros Alexandre de los Santos, Xande, e Alexandre Rodrigues Canha Pixote, formarán parte da expedición que partirá esta noite dende A Mariña cara a terras valencianas.

Os reforzos de inverno do cadro de Juanma Marrube, que xa levan uns días en Burela, dispoñen de toda a documentación necesaria e poderán defender a camisola laranxa este domingo na pista do Levante UDFS (12.00 horas) completanto a lista dos 12 convocados: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 6. Luisma, 9. Pitero, 10. Matamoros, 12. Renato,13. Pixote, 14. Pope, 15. Xande, 22. Álex Diz, 24. M. Kaluza

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.