15/01/2020

Tres Xoias con Galicia no Nacional Sub-19

Tres Xoias con Galicia no Nacional Sub-19
Galicia contará nas súas filas con tres Xoias Laranxas na fase previa do Campionato de España Sub-19 de Seleccións Autonómicas que se disputará en Estremadura entre o venres e o domingo. Xunto a Jorge Quelle e Renato Rodrigues, que se estrearon onte en competición oficial co equipo sénior no pase a cuartos de Copa do Rei ante O Parrulo FS (7-1), tamén defenderá a irmandiña o meta Bruno García.

Os xuvenís do Pescados Rubén Burela FS adestrarán esta tarde en Lugo antes de partir coa expedición rumbo a Navalmoral de la Mata. País Vasco, Melilla e Estremadura serán os rivais a bater para facerse co pase á fase final.

Ligazón RFGF

Reclamo de España. Jorge Quelle enlazará os compromisos da Galega cos de España Sub-17, coa incorporación á concentración o domingo para os amigables fronte a Serbia, o martes 21 e mércores 22, en Zrenjanin e Novi Becêc.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.