11/01/2020

Poio Pescamar 3-5 Pescados Rubén

Poio Pescamar 3-5 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS estreou a segunda volta esta tarde no regreso da liga, impoñéndose no derbi irmandiño na casa do Poio Pescamar FSF. Logo dunha primeira parte toma e daca (2-2), as Guerreiras conseguiron tomar vantaxe ata o 2-4; as locais volveron entrar no partido con xogo de cinco, pero Jozi sentenciou a cita co definitivo 3-5 na recta final.

O duelo galego comezou con moitas ganas de gol. Á tentativa de Dani Sousa xa no minuto 2, respondeu Peque cun potente disparo que se estrelou contra a escuadra. O 5 de xogo cumpriuse con novas oportunidades por ambas as filas; tras Irene sobre a rede de Ana Romero, Luci a punto estivo de estrear o luminoso, de cabeza, nunha vaselina de Peque. Ana Escribano puxo o 1-0 no minuto 6 e as mairñás tiveron que esperar ata o 15 para devolver táboas, grazas á ex do Poio Jenny Lores. Con todo, pouco tardou o conxunto local en adiantarse, cunha volea de Carol. A falta de minuto e medio para o descanso, Cilene recuperou o empate, a pase de Dany, e logo de atopar o oco necesario entre a defensa pontevedresa.

Tras o tira e afrouxa do marcador na primeira parte, o Pescados Rubén Burela soubo como apropiarse dos tres puntos. A capitá, Bea Mateos, deulles a primeira vantaxe no derbi ás de Julio Delgado, aos sete minutos do reinicio. Tras o 2-4, de Lara Balseiro, as locais optaron por xogo de cinco. Restaban case dez minutos e conseguiron reducir no 33, con Dani Sousa, a pase de Iria Saeta. Con case catro minutos por diante, Burela subiu a quinta falta. Salvou Jozi, aliada con Ale de Paz, a perigosa chegada do Poio para o empate. De novo a brasileira, a falta de 1’55”, e de portería a portería subiu o 3-5 para dar tranquilidade na recta final ás mariñás. Ale de Paz aínda dispuxo dunha de ouro para o sexto antes do desenlace.

Ficha técnica

Poio Pescamar FSF: Caridad, Dani Sousa, Miriam, Irene, Clara cinco inicial; tamén xogaron Carol, Ana Escribano, Ana Rivera, Iria Saeta

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Cilene, Peque, Ale de Paz, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateo, Dany, Luci, Cristina, Jenny, Lara Balseiro

Goles: 1-0, minuto 6, Ana Escribano; 1-1, minuto 15, Jenny Lores; 2-1, minuto 15, Carol; 2-2, minuto 19, Cilene; 2-3, minuto 27, Bea Mateos; 2-4, minuto 31, Lara Balseiro; 3-4, minuto 33, Dani Sousa; 3-5, minuto 39, Jozi

Árbitros: Carreira Romero // Vilas López. Por Poio amarela a Silvia (minuto 15). Por Burela amarela a Jenny (minuto 27)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 16 de Primeira Feminina disputado na Seca.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.