08/01/2020

Volta ás ligas de base tras un Nadal de seleccións e torneos

Volta ás ligas de base tras un Nadal de seleccións e torneos
As Xoias Laranxas voltan esta semana á normalidade, retomando os adestramentos e os compromisos ligueiros despois dun Nadal con seleccións comarcais, de Galicia e torneos.

Lalín, previo paso por Dumbría e Cee, completou o Campionato de Seleccións Comarcais con notable presenza do Pescados Rubén Burela FS representando o combinado de Lugo. Gabriel Díaz proclamouse campión con Alevín Masculino. As infantís Claudia Rodríguez e Nerea Olveira e as alevíns Fátima Guillén e Lola Muñoz chegaron ás semifinais. Pola súa banda, Iago López tamén defendeu o conxunto infantil.

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub16 e Sub19 foi outra das citas con representación laranxa na súa fase previa en Betanzos para despedir o ano. O adestrador da base David Riveira formou parte do corpo técnico sub-19, xunto á burelista Cristina Lourés e á súa compañeira no Comarcal A Fervenza, a porteira Lucía Paz. O filial burelista tamén contou en Sub16 con Julia Rodríguez.

Como antesala dos Reis Magos, o equipo infantil feminino alzouse coa segunda praza no Torneo José Veiga de Narón, con triunfos ante Comarcal A Fervenza (1-3) e Futsal Morrazo (7-1) e derrota ante Ribeira (2-0).

O equipo laranxa de Primeira Galicia tamén quixo estrear o ano sobre o parqué de Vista Alegre cun amigable fronte ao Rodiles o venres pasado, con 1-6 para o conxunto asturiano.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.