04/01/2020

Segundo paso en Copa da Raíña

Segundo paso en Copa da Raíña
O Pescados Rubén Burela FS cumpriu co segundo paso en Copa da Raíña impoñéndose en oitavos ao Viaxes Amarelle FSF, de Segunda, con portería laranxa a cero (0-6).

O luminoso púxose axiña do lado mariñán cun tanto en propia porta das coruñesas xa no minuto 2. As laranxas non conseguiron aliarse co acerto goleador ata a segunda parte; ao tanto temperán de Ale de Paz tras o descanso ampliaron ata o 0-5 en tan só dous minutos Cristina, por partida dobre, e Bea Mateos. Jenny Lores completou a goleada no ecuador do segundo acto co definitivo 0-6.

Resultados de oitavos:

1) UCAM El Pozo Murcia FS - Roldan STV 0 - 3

2) C.D.B. Almagro Futbol Sala - CD Futsi Atlético Navalcarnero 0 - 5

3) Viaxes Amarelle F.S. - Pescados Ruben Burela FS 0 - 6

4) Leganés FS - Penya Esplugues, Assoc. Esp. 3 – 3**

5) Xaloc Alacant F.S. "A" - Universidad de Alicante 1 - 4

6) F.S.F. Móstoles - A.D. Alcorcón F.S. 0 - 1

7) Bilbo F.S. - A.D. Sala Zaragoza F.S. 1 - 5

8) Poio Pescamar F.S. - Ourense CF Envialia 3-1

** Clasificado Leganés en los penaltis (3-2)

Ficha técnica


Viaxes Amarelle FSF: Tami, Marta, Iru, Patri, Patri Alv., cinco inicial; tamén xogaron Inés, Zaida, Yaia, Mónica

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Peque, Jenny, Ale de Paz, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Lara Balseiro, Cristina, Jenny Lores, Cilene, Jozi

Goles: 0-1, minuto 2, Patri (p.p.), 0-2, minuto 21, Ale de Paz; 0-3, minuto 23, Cristina; 0-4, minuto 24, Cristina; 0-5, minuto 25, Bea Mateos; 0-6, minuto 30, Jenny Lores

Árbitros: Martínez Torres // Roldán Pérez. Por Amarelle amarela a Patri Álv. (minuto 18) e vermella Tami (minuto 23). Por Burela amarela a Cristina (minuto 18), Jenny (minuto 23)

Incidencias: Partido correspondente a oitavos de Copa da Raíña disputado no Sagrada Familia da Coruña

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.