04/01/2020

Visita ao Hospital Público da Mariña

Visita ao Hospital Público da Mariña
Esta mañá Dany, Luci, Lucho e Joselito achegáronse ao Hospital Público da Mariña para acompañar os pequenos ingresados na área de Pediatría, na tradicional visita laranxa por estas datas.

Os burelistas obsequiaron ao nen@s cun pequeno agasallo como adianto da chegada das Súas Maxestades de Oriente e animáron@s na súa recuperación.

Desde aquí enviámoslles, unha vez máis, os nosos mellores desexos a Laura , Dylan Mateo e Martina para que a súa saúde volva estar xenial moi axiña.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.