03/01/2020

Regreso á liga en xornada dominical, na casa de Santa Coloma

Regreso á liga en xornada dominical, na casa de Santa Coloma
O Pescados Rubén Burela FS regresa á liga estreando 2020 e a segunda volta este domingo na pista do Industrias Santa Coloma (19.00 horas, Olímpico de Badalona).

“Comezamos o ano con moita ilusión, temos por diante unha final ante un rival da nosa liga. Puntuar alí achegaríanos moito na clasificación e daríanos forza para saír da zona de perigo, para comezar esta segunda volta con forza para seguir dando pasos” adiantaba o gardameta Edu, aludindo á diferenza dos 9 puntos galegos cos 13 de Santa Coloma, na 13ª praza.

O equipo de Juanma Marrube arranca en pleno proceso de cambios; tras a cesión de Everton e Juanfran a UA Ceutí, chega como reforzo o internacional con Uruguai Xande, aínda que non estará disponible para a cita. “O equipo está con cambios necesarios, que nos axudarán. A base importante do equipo segue e con algunhas modificacións poderemos mellorar, sen dúbida” facía así referencia o capitán á continuidade da liña ascendente que vén experimentando o equipo dende a súa estrea na elite.

A expedición partirá esta medianoite con rumbo a Badalona para medirse a un rival que levou os tres puntos de Vista Alegre, na xornada inaugural, con 1-3. “Creo que será un partido igualado; nós vimos dunha boa dinámica de traballo pero temos que intentar evitar que se poñan por diante no marcador e traballar para frear a intensidade do rival, cunha defensa moi alta. Iso deulle a gran vantaxe ao Santa Coloma na primeira volta, fronte á nosa inexperiencia” explicaba Edu, dun equipo que estrea a Javi Rodríguez como adestrador e coa incorporación invernal do ala arxentino Ezequiel Ramírez.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.