23/12/2019

Vacacións de Nadal

Vacacións de Nadal
O Pescados Rubén Burela FS pecha 2019, o mellor ano da súa historia, cunhas merecidas vacacións. Ascenso a Primeira División Masculina, campión de Segunda, campioas de I Copa de SM A Raíña, triunfadoras da 4Nations Futsal e da Supercopa de España… Con esta bagaxe, os equipos sénior toman unha semana de descanso para retomar con enerxía e forza o comezo de 2020.

Tras o aprazamento da xornada 15 co Jimbee Cartagena pola alerta vermella por temporal na Mariña, os pupilos de Juanma Marrube volverán ao traballo o domingo 29 de decembro con miras ao comezo da segunda volta, o domingo 5 de xaneiro, na pista de Industrias Santa Coloma, 19.00 horas.

Pola súa banda, o equipo de Julio Delgado e Lucas retomará os adestramentos o luns 30, con oitavos da Copa da Raíña como primeiro destino, na pista do Viaxes Amarelle FSF, o sábado 4, ás 18.00 horas.

De parte da Familia Laranxa, Bo Nadal e feliz entrada en 2020!!!!

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.