12/12/2019

Vista Alegre, ante o poder do Palma

Vista Alegre, ante o poder do Palma
O Pescados Rubén Burela FS poñerá a proba a fortaleza de Vista Alegre no seu crecemento paulatino na elite ante o poder do Palma Futsal, mañá a partir das 20.30 horas. Os de Juanma Marrube pelexarán por manter a súa liña ascendente e dar continuidade a boa senda de resultados na casa fronte ao terceiro de Primeira, que chegará doído, e con máis perigo, tras quedar apeado en Copa do Rei ante Real Betis Futsal, de Segunda.

“Chegamos con máis moral e ganas. As vitorias de liga, na casa de Aspil (5-6), e Copa do Rei, co Esteo (1-4), axúdannos a chegar en mellores condicións anímicas a esta cita, ademais dos tres últimos resultados aquí” explicaba o peche Sergi Orgillés, Pope, formado na base balear, no sprint final da primeira volta, mirando tamén á cita do martes na pista de Córdoba e de novo o sábado na casa, con Jimbee Cartagena.

“Por potencial, Palma é un dos mellores equipos da competición. Vai chegar con rabia por non poder continuar en Copa do Rei”, advertía o 14 mariñán, esperando un “partido moito máis axustado e competido” que o disputado entre galegos e insulares en pretempada, co Torneo Burela Bonita, que caeu do lado visitante (0-7). “Estamos realizando un bo traballo. A finalización estivo do noso lado na última cita; oxalá poidamos seguir así. Fronte a Palma teremos que ter unha especial atención e orde en defensa ante a calidade individual do rival”, adiantaba Pope, confiando en manter as boas sensacións da Bomboneira na antepenúltima xornada da primeira volta.

O conxunto de Juanma Marrube realizará a última sesión mañá pola mañá en Vista Alegre. Os insulares tamén o farán na Mariña, con adestramento en Marzán, ás 10.00 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.