01/11/2019

Recompensa merecida. Despegamos!

Recompensa merecida. Despegamos!
Por fin chegou a recompensa merecida. O Pescados Rubén Burela FS conseguiu a primeira vitoria da elite, nesta xornada 7, fronte ao Servigroup Peñíscola FS (2-1) de Juanlu Alonso, e ademais puido brindala ao entregado público de Vista Alegre. Os pupilos de Juanma Marrube deixaron patente a fortaleza do grupo, con capacidade de sufrimento e traballo, nun bonito e intenso partido no que levaron sempre a iniciativa no marcador.

Os mariñáns conseguiron certa tranquilidade poñéndose por diante grazas ao penalti transformado por Matamoros, xa no minuto 5. Iso fíxolles moito dano aos valencianos, que viviron malos minutos, fronte á orde do Pescados Rubén, cun Edu moi acertado.

Mantiveron o plan os do Mariskal. Intentaron buscar a igualada os de Juanlu Alonso no reinicio presionando ante a coidadosa defensa burelista. A Bancada Laranxa levantouse no 25 cunha magnífica actuación entre Álex e Mata que acabou coa tentativa de Renato fronte a Molina. O meta vistitante volveu frear as intencións locais, no 27, cunha man prodixiosa ante Everton; antes o pau freara o empate. E cando restaban 5’50” para o final de novo Everton recibiu un balón de Edu para deixar atrás a toda a defensa do Peñíscola e superar a Molina, por fin, para estalido da Bomboneira. Decidiu Juanlu Alonso saír con xogo de cinco, con Josiko. Tras a segunda amarela a Tuli, no 37, Pope tivo o terceiro fronte a Molina, sen éxito. Rubén Orzáez aproveitou para reducir distancias, no 39, co regreso dos catro de Juanlu, conservando a aposta de porteiro xogador. De novo tívoa Pope a pase de Matamoros, repetíndose o guión fronte ao porteiro visitante, cuns segundos finais de grande emoción.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, Juanfran, Pope, Everton, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Matamoros, Renato, Álex Diz, R. Vargas, Joselito

Servigroup Peñíscola FS: Molina, Isi, Dani Montes, Xavi Cols, Josiko, cinco inicial; tamén xogaron Miguel Fernández, Raúl Gómez, Rubén Orzáez, Mati Starna, Paniagua, Hugo

Goles: 1-0, minuto 5, Matamoros (penalti); 2-0, minuto 35, Everton; 2-1, minuto 39, Rubén Orzáez

Árbitros: Moreno Durán // Del Pozo García. Por Burela, amarela a Lucho (minuto 23). Por Peñíscola dobre amarela a Tuli (minuto 5 e 37), Molina (37), Isi (minuto 40)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 7 de Primeira LNFS disputado en Vista Alegre uns 900 espectadores/as.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.