11/10/2019

Pescados Rubén Burela 1-4 Viña Albali Valdepeñas

Pescados Rubén Burela 1-4 Viña Albali Valdepeñas
Vista Alegre viviu unha cita moi igualada esta tarde na xornada 5 cun Pescados Rubén Burela FS ao que o lastrou en exceso o xogo de áreas, fronte a un Viña Albali Valdepeñas (1-4) que soubo aproveitar as súas ocasións á perfección.

Juanan adiantou os visitantes nos compases iniciais, nun lanzamento afastado que non puido frear o porteiro naronés. Non entraran ben os de Juanma Marrube, pero souberon repoñerse con serenidade e orde. Renato, coa portería como obstáculo, e Joselito, por partida dobre, merodearon a rede do Valdepeñas sen éxito, pero foi Luisma o que selou a igualada, no minuto 11, tras un gran control de Pope. Pouco despois, o pau evitou a iniciativa local no luminoso, cun mísil de Álex Diz nos primeiros pasos sobre o parqué do lugués.

Volveu o xogo ao parqué da Bomboneira coas mesmas armas burelistas. Edu freou o perigo azulón nun man a man con Cainan, no 25, pero nado puido facer nada ante Buitre, no 27, que recibiu de costas desde saque de banda e recuperou a vantaxe nun disparo raso. Tan só un minuto despois, Rafael sorprendeu cun lanzamento desde os 12 metros. Fixeron moito dano estas dúas dianas e certa nebulosa se apoderou das ideas laranxas. Rozando o ecuador deste período, R. Vargas puido reducir ao segundo pau. Non desaproveitou, con todo, o Valdepeñas gañando a partida a un contraataque burelista, que sentenciou o ex dos mariñáns Chino. Remando con 1-4 en contra e case oito minutos por diante, Everton enfundouse na camiseta de porteiro xogador, alternando con Álex Diz. A falta de 4 para a bucina, a tentativa de Chino a porta baleira foise por pouco; seguiron na súa aposta de cinco os de Juanma Marrube aínda que non atoparon o perigo necesario fronte a un rival que soubo sufrir en defensa.

Sumámonos ao Rosa, Contigo Damos a Cara

Logo da xornada de hoxe, Vista Alegre e a Familia Laranxa volverán sumarse ao Rosa para Dar a Cara contra o Cancro, mañá na xornada 5 de Primeira RFEF, coa visita do Leganés Masdeporte (18.30 horas).

Coa proximidade do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama -o 19 de outubro-, a Bomboneira e a Asociación Española contra o Cancro están dando a coñecer o labor do servizo da Mariña do colectivo, con Estefanía Corcoba e Mayra Paleo.

Ficha técnica


Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, R. Vargas, Renato, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Everton, Joselito, Juanfran, Matamoros, Álex Diz

Viña Albali Valdepeñas FS: Edu, Juanan, Dani Santos, Chino, Nano, cinco inicial; tamén xogaron José Ruiz, Rafael Rato, Buitre, Cainan, Terry, Juan Cózar

Goles: 0-1, minuto 2, Juanan; 1-1, minuto 11, Luisma; 1-2, minuto 27, Buitre; 1-3, minuto 28, Rafael Rato; 1-4, minuto 33, Chino

Árbitros: Mayo López // Panadero Díaz-Concha. Por Burela amarela para Juanfran (minuto 9), Pope (minuto 40). Por Valdepeñas, amarela a Buitre (minuto 27)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 5 de Primeira LNFS disputado en Vista Alegre uns 900 espectadores/as. O conxunto laranxa volveu saltar á pista co lema Forza Iago!!! nas súas camisetas, en apoio ao 5 burelista.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.