27/09/2019

Metemos a terceira (sábado 28. 18.30 horas)

Metemos a terceira (sábado 28. 18.30 horas)
Terceira marcha e terceira xornada. As Guerreiras Laranxas buscarán un novo triunfo, para non romper coa boa dinámica, este sábado (18.30 horas) en Vista Alegre ante un Majadahonda FSF, que recala na Mariña sen puntos.

“O comezo de liga está sendo o esperado e desexado. Agora toca centrarnos en levar os tres puntos de novo e, sobre todo, mellorar no xogo. Temos que centrarnos en nós e mellorar debilidades, o que nos faltou nestes dous partidos. A semana pasada o descanso non nos sentou ben; saímos ao partido moi enchufadas pero despois baixamos. Este sábado debemos saír con intensidade e conseguir mantela ao longo de todo o partido” reflexionaba así una das novidades da tempada, Jenny Lores, con ganas de seguir medrando.

As madrileñas chegan á cita tras a derrota con Zaragoza (1-3) e o partido aprazado ante Roldán. En fronte esperan as burelistas, con vitorias ante Poio (4-1) e Móstoles (1-4): “Non podemos fiarnos; só levamos dúas xornadas. Majadahonda é un equipo que leva anos xogando co mesmo bloque e que se reforzou, un rival combativo e pelexador. Creo que van vir a por todas, co seu carácter” advertía a 21 laranxa, moi satisfeita coa curta pero intensa experiencia en Burela: “Este é o comezo soñado. Esperaba un bo arranque a nivel grupal, pero cría que individualmente me ía custar máis. Con todo, estoume atopando moi ben, estou moi contenta, adapteime moi ben ao sistema, aínda que loxicamente me quedan cousas por mellorar”.

Convocatoria Pescados Rubén FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Jane, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 17. Ale de Paz, 19. Luci, 21. Jenny Lores

Semana de internacionalidades

“Non esperaba esta convocatoria. É unha grande alegría; é o premio á dedicación e esforzo de todos estes anos . Estou moi contenta e ilusionada; terei a oportunidade de compartir pista durantes eses días coas mellores xogadoras de España” así se amosaba a pontevedresa, ante o seu primeiro chamamento coa Vermella. A selección de Claudia Pons, que tamén contará unha vez máis coa laranxa Peque, disputará dous amigables fronte a Portugal a próxima semana; o martes 1 de outubro no Palacio dos Deportes Carolina Marín de Huelva e o mércores 2 en San Juan del Puerto, ás 19.00 horas. De novo haberá un cara a cara de burelistas en duelo de internacionais, con Jenny Lores e Peque fronte a Jenny Rodrigues.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.