18/09/2019

Maas+Saúde tamén mima as Guerreiras

Maas+Saúde tamén mima as Guerreiras
As novas caras burelistas Ale de Paz, Jenny Lores e Jane visitaron esta semana a clínica focega Maas+Saúde para a súa avaliación médica xunto ao cardiólogo Fernando Rebollal-Leal.

O centro sito na rúa Álvaro Cunqueiro, número 54, baixo, cumprirá en novembro o seu segundo aniversario ofrecendo unha ampla cobertura médica cos mellores profesionais, con máis de dez especialidades:Acupuntura , a cargo de Mauro Mourín González; Anxioloxía e Cirurxía Vascular, con Antonio Barreiro Mouro e Javier Barreiro Veiguela; Enfermería e Nutrición, con Marta Saa Fernández, máster en Obesidade; Fisioterapia e Osteopatía, a cargo de Miguel Losada Rodríguez; Medicina Xeral, supervisada por Katty González González, con servizo de Psicotécnico de mañá e tarde; Medicina Interna, con Javier Porteiro Sánchez; Neuropsicoloxía, con Marta Fernández Meiriño, con avaliación e rehabilitación cognitiva en pacientes con ictus, demencias, Parkinson... e talleres de memoria; Neuroloxía, con Vanesa Fraga Vilanova; Podoloxía, con Lucía González López e Álvaro Martínez Casás; Psicoloxía Clínica, con Ana Abad López; un dos máis demandados e pouco coñecido, Xeriatría, con Laureano Negrón Blanco; Medicina Estética, a cargo do experimentado George Beridze, que achega solucións médicas, sen cirurxía, a problemas estéticos (toxina botulínica, corrección de olleiras, corrección engurras, factores de crecemento, etc.); no centro contan cun equipo de láser de depilación diodo de alta potencia pioneiro no mercado; ademais de Punto de Extracción e Análises Clínicas. Entre os seus servizos máis recentes, Maas+Saúde conta co doutor Luis Coira Nieto, como especialista en Medicina do Traballo, con valoración de incapacidades, danos corporais e secuelas de accidentes.

Poden atopar toda a información en www.maassaude.com

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.