13/09/2019

Recoñecemento burelao ás Supercampioas

Recoñecemento burelao ás Supercampioas
O Pescados Rubén Burela FS foi recibido esta mañá no consistorio burelao en recoñecemento ao seu título máis recente, a Supercopa de España, conquistada hai unha semana en Las Rozas fronte ao Futsi Atlético Navalcarnero (2-6). O alcalde, Alfredo Llano, xunto ao concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, e a edila de Igualdade, Noelia María Ben, trasladaron ás Guerreiras Laranxas o sentimento de orgullo de todo o concello pola última xesta do equipo de Julio Delgado e Lucas, desexándolles ademais moita sorte na liga que arrincará mañá.

O cadro mariñán estivo arroupado no acto polo presidente, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego. Bea Mateos recolleu o obsequio municipal e agradeceu todas as mostras de agarimo e felicitacións recibidas ao longo destes días.

Homenaxe no Anxo Carro

O conxunto burelista ofrecerá os seus éxitos á Familia Albivermella este domingo, participando no saque de honra do partido de Segunda División entre o CD Lugo e Fuenlabrada (20.00 horas).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.